Ingreso de Chus Pato
Chus Pato ingresou o 23 de setembro de 2017 na Real Academia Galega cun discurso titulado 'Baixo o límite'. Francisco Fernández Rei foi o encargado de lle dar resposta e nome da institución.
Homenaxe a Luz Pozo Garza
A RAG rendeulle homenaxe á poeta e académica co gallo do seu 95 aniversario cun acto literario e musical.
Día das Letras Galegas 2017
Xinzo de Limia, a localidade ourensá onde medrou Carlos Casares, acolleu a sesión extraordinaria da RAG dedicada ao escritor.
Luz Méndez presenta ‘Toponimia de Agolada'
A académica correspondente presentou o 10 de marzo de 2017 en Agolada o primeiro volume da colección Terra Nomeada.
Marilar Alexandre recita na homenaxe da RAG a Rosalía de Castro
A académica recita versos de Rosalía de Castro e un poema propio na homenaxe á escritora (2017).
Salvador García Bodaño homenaxea a Rosalía de Castro
O académico Salvador García-Bodaño recita dous poemas da súa autoría dedicados a Rosalía de Castro (2017).
Luz Pozo Garza réndelle homenaxe a Rosalía de Castro
A académica pechou a parte de recitados da homenaxe literaria e musical a Rosalía de Castro (2017).
Rosalía Fernández Rial na homenaxe na RAG a Rosalía de Castro
Rosalía Fernández Rial recita na homenaxe a Rosalía de Castro celebrada na Real Academia Galega co gallo do 180 aniversario do seu nacemento.
Roi Casal na homenaxe da RAG a Rosalía de Castro
Roi Casal, acompañado de Silvia Ferre, fixo dialogar os versos de Rosalía con música na homenaxe á escritora celebrada na RAG o 22 de febreiro de 2017.
Ánxeles Penas na homenaxe da RAG a Rosalía de Castro
A poeta Ánxeles Penas recita un poema da súa autoría dedicado a Rosalía de Castro no acto da RAG de homenaxe á escritora (2017).
Homenaxe a Sebastián Martínez-Risco
A actriz Isabel Risco fala do seu avó, presidente da RAG de 1960 a 1977, no acto na súa memoria celebrado o 1 de febreiro de 2017.
Marilar Aleixandre, nova académica de número
O paraninfo da USC acolleu a cerimonia de ingreso na RAG de Marilar Aleixandre o 14 de xaneiro de 2017.
Cantando "O carro" na Academia
Xurxo Souto anima o público a pechar a segunda xornada do Simposio Manuel María entoando "O carro".
Recital poético no Simposio Manuel María
O Simposio Manuel María, celebrado na RAG en novembro de 2016, incluíu un recital interxeracional no que participaron, entre outras persoas, a académica Luz Pozo Garza.
Celebración do centenario das Irmandades da Fala
Acto musical e literario celebrado no teatro Rosalía de Castro o 18 de maio de 2016, xusto cen anos despois da fundación na Coruña da primeira das Irmandades da Fala.
Actos do Día das Letras Galegas 2016
Actos celebrados en Outeiro de Rei no Día das Letras Galegas 2016.
Recepción Henrique Monteagudo
Discurso de recepción como académico de número de Henrique Monteagudo o 25 de febreiro de 2012.
Letras Galegas 2011
Día das Letras 2011 dedicado a Lois Pereiro e celebrado en Monforte. Intervencións de Manuel Rivas, Margarita Ledo e Luz Pozo Garza.
Letras Galegas 2010
Día das Letras 2010 dedicado a Uxío Novoneyra e celebrado en Folgoso do Courel. Interveñen Manuel RIvas, Margarita Ledo e Darío Xohan Cabana.
Letras Galegas 2008
Día das Letras 2008 dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez e celebrado en Vigo. Interveñen Xosé Luís Méndez Ferrín e Luz Pozo Garza.
Congreso Lois Pereiro
Celebrado entre o 15 e o 17 de decembro en Santiago de Compostela e a Coruña. Intervencións de Pere Gimferrer, Arturo Casas e Chus Pato.
Na frente unha estrela
"Na frente unha estrela", inauguración da exposición celebrada en Celanova en homenaxe a Curros Enríquez. Intervención de Xosé Ramón Barreiro.
Bicentenario Pastor Diaz
Homenaxe a Pastor Díaz celebrada na Coruña o 1 de decembro de 2011 no bicentenario do seu nacemento. Interveñen Emilio Insua e Xosé Ramón Barreiro.
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar