Os académicos Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Manuel González González, Antón Santamarina Fernández e Xosé Luís Axeitos Agrelo nunha reunión do Seminario de Lexicografía.

1 de 2
Os académicos Manuel González González, Xosé Luís Axeitos Agrelo, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Antón Santamarina Fernández, Darío Xohan Cabana Yanes, Ramón Lorenzo Vázquez e Francisco Fernández Rei, constitúen o Seminario de Lexicografía xunto a Xosé Luís Méndez Ferrín e Andrés Torres Queiruga.

2 de 2

Seccións de traballo da Real Academia Galega

A Real Academia Galega consta de tres Seccións: Lingua, Literatura e Historia. Cada Sección constitúese en grupos de traballo ou Seminarios, tantos como conveñan ás características e á operatividade da Sección. O Seminario será responsable intelectual e administrativo ante a Presidencia da Academia e as institucións que financien actividades ou proxectos de investigación dese grupo de traballo, no que sempre ha figurar, non necesariamente como especialista, o director (ou coordinador) da Sección correspondente. 

 

Sección de Historia

Creada en 1998.
Director: Xosé Ramón Barreiro Fernández. 
Desde a Sección de Historia trabállase e investígase sobre distintos aspectos relacionados coa historia da institución e de Galicia.
A Sección de Historia está composta polos membros numerarios Xosé Ramón Barreiro Fernández, Rosario Álvarez Blanco, Andrés Fernández-Albalat Lois, Manuel Rivas Barrós, Pegerto Saavedra Fernández, Andrés Torres Queiruga e Ramón Villares Paz, e o membro correspondente Fernando López-Acuña López.
 

Sección de Literatura

Creada en 1998.
Director: Xesús Alonso Montero.
Encárgase da recuperación de textos literarios galegos, do estudo da nosa literatura e da organización de eventos relacionados con ela.
Esta Sección está composta polos membros numerarios Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Axeitos Agrelo, Fina Casalderrey Fraga, Víctor Fernández Freixanes, Xosé Luís Franco Grande, Salvador García-Bodaño, Bernardino Graña Villar, Henrique Monteagudo, Luz Pozo Garza, Manuel Rivas Barrós, Euloxio Rodríguez Ruibal e Xohana Torres Fernández, e a membro correspondente Olivia Rodríguez González.
 

Sección de Lingua

Directora: Rosario Álvarez Blanco.
Na actualidade, na Sección de Lingua funcionan os Seminarios de Gramática, Lexicografía, Onomástica, Sociolingüística e Terminoloxía Galega.
 
Seminario de Gramática
Creado no ano 2000.
Coordinadora: Rosario Álvarez Blanco.
O Seminario de Gramática encárgase da elaboración de estudos gramaticais sobre a lingua galega.
Está composto polos membros numerarios Rosario Álvarez Blanco e Xosé Luís Regueira Fernández, e polos seguintes membros correspondentes: Xosé Xove Ferreiro, Francisco Cidrás Escáneo e Ernesto González Seoane.
 
Seminario de Lexicografía
Creado en 1983.
Coordinador: Manuel González González.
O Seminario de Lexicografía encárgase da elaboración dos distintos dicionarios, da coorganización dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia.
O Seminario de Lexicografía está composto polos membros numerarios Manuel González González, Xosé Luís Axeitos Agrelo, Darío Xohán Cabana Yanes, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Francisco Fernández Rei, Ramón Lorenzo Vázquez, Antón Santamarina Fernández e Andrés Torres Queiruga, e a membro correspondente María Dolores Sánchez Palomino. 
 
Seminario de Onomástica
Creado no ano 2001.
Coordinador: Ramón Lorenzo Vázquez.
O Seminario de Onomástica encárgase da recompilación de datos do ámbito da onomástica, da súa investigación e da elaboración de informes sobre toponimia e antroponimia.
Está composto polos membros numerarios Ramón Lorenzo Vázquez, Xesús Ferro Ruibal e Antón Santamarina Fernández, e polos membros correspondentes Ana Isabel Boullón Agrelo, Xosé María Lema Suárez, Luz Méndez Fernández, Gonzalo Navaza Blanco e Xosé Antón Palacio Sánchez.
 
Seminario de Sociolingüística
Creado en 1990.
Coordinador: Henrique Monteagudo.
No Seminario de Sociolingüística desenvólvense estudos que abranguen múltiples temas, como a elaboración de enquisas macro-sociolingüísticas, a análise de actitudes lingüísticas ou a medición das competencias lingüísticas.
Está composto polos seguintes membros numerarios: Henrique Monteagudo, Xesús Alonso Montero, Víctor Fernández Freixanes, Margarita Ledo Andión, Xosé Luís Regueira Fernández. Os membros correspondentes que forman parte deste seminario son: Fernando Fernández Ramallo, Alba Nogueira López, Modesto A. Rodríguez Neira, Goretti Sanmartín Rei, Henrique Costas e Héctor Silveiro.
 
Seminario de Terminoloxía Galega (TERMIGAL)
Creado en 1996.
Coordinador: Manuel González González. 
Desde o TERMIGAL elabóranse vocabularios sobre linguas de especialidade e resólvense dúbidas de terminoloxía puntual.
Está composto polos membros numerarios Manuel González González, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Francisco Fernández Rei e Xesús Ferro Ruibal, e pola académica correspondente Dolores Sánchez Palomino.
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar