Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Fina Casalderrey Fraga
Pontevedra, 11/08/1951


22/11/2013


Ramón Lorenzo, Salvador García-Bodaño, Manuel Rivas Barrós e Rosario Álvarez Blanco


Viaxe á semente. Dende os refachos do corazón ata onde habita o imaxinario




Rosario Álvarez Blanco


Fina Casalderrey Fraga (22/11/2013 - )
Xaime Isla Couto (29/01/1999 - 25/04/2012)
Joaquín Freire de Andrade y Valverde (30/11/1956 - 18/02/1972)
José Baldomir Rodríguez (27/07/1941 - 01/02/1947)
Indalecio Varela Lenzano (04/09/1905 - 20/06/1940)


Arquiveira-Bibliotecaria (28/03/2017 - Actualidade)


Fina Casalderrey Fraga (28/03/2017 - Actualidade)
Margarita Ledo Andión (20/04/2013 - 17/03/2017)
Euloxio Rodríguez Ruibal (23/01/2010 - 20/04/2013)
Xosé Luís Axeitos Agrelo (17/12/2005 - 18/12/2009)
Antonio Gil Merino (29/11/1997 - 16/11/2005)

A escritora Fina Casalderrey Fraga naceu en Xeve, Pontevedra, o 11 de agosto de 1951. Mestra de profesión, desenvolveu o seu labor docente en varios centros de ensino do país, salientando a xeira de vinte cinco anos no de Moraña e a de dez en Marín. Ademais do seu labor estritamente creativo como narradora de ficcións destinadas ao público máis novo, Fina Casalderrey é responsable de numerosas achegas nos eidos da composición e dirección de textos dramáticos, poéticos, traducións, recursos didácticos e obras de carácter etnográfico e culinario.

Secasí, a cerna da súa produción encádrase dentro dos parámetros da chamada literatura infantil e xuvenil, ámbito no que se amosa como unha autora prolífica cuxa obra, estendida en máis de cincuenta títulos, acadou o recoñecemento do público lector e da crítica, quen lle ten outorgado numerosos galardóns como, entre outros, o Premio Merlín do ano 1991, por Dúas bágoas por Máquina; o Barco de Vapor de 1994 por O misterio dos fillos de Lúa, que tamén mereceu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1996; o Edebé de Literatura Infantil do 1995, por O estanque dos parrulos pobres; o Álvaro Cunqueiro de 1999, por Repostería en Galicia; o Puro Cora no 2001 e o Fernández del Riego no 2003, por ambos artigos publicados no Diario de Pontevedra; a Medalla Castelao no 2003 ou o recoñecemento como Socia de Honra da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) no ano 2013. Tamén recibiu o Premio da Cultura Galega na modalidade de Letras no ano 2015, o Premio “Bos e xenerosos” da Fundación Eduardo Pondal no 2016 e o Premio Picadillo á difusión da Gastronomía Galega no 2017.

Na súa obra, traducida ao español, o inglés, o italiano, o francés, o portugués, o catalán, o vasco, o coreano, o chinés ou o bretón, a crítica sinala varios trazos estilísticos comúns, como o coidado no uso do idioma, o manexo de diferentes rexistros lingüísticos, o humor, a pintura de situacións familiares e económicas problemáticas, a presenza do mundo dos animais e a sensibilidade cara aos personaxes da terceira idade.

A páxina da autora pode consultarse aquí.

Obra

Literatura Infantil e Xuvenil

Mutacións Xenéticas (1991)
Dúas bágoas por Máquina (1992)
A noite dos Coroides (1993)
Chamizo (1994)
¡Asústate, Merche! (1994)
O misterio dos fillos de Lúa (1995)
O estanque dos parrulos pobres (1995)
¡Prohibido casar, papá! (1996)
¿Sobrevives? (1996)
¡Puag, que noxo! (1997)
Podesvir (1997)
Unha raíña negra (1998)
Nolo e os ladróns de leña (1998)
Ás de mosca para Anxo (2002)
Pimpín e Dona Gata (1999)
O misterio do cemiterio vello (1999)
Bicos de prata (2000)
Unha pantasma branca (2000)
A máscara de palma (2000)
Un saco de estrelas (2001)
Cando a Terra esqueceu xirar (2002)
Desventuras dun lobo namorado (2002)
Derradeira carta ós Reis Magos (2002)
A avoa ten unha menciña (2002)
A avoa non quere comer (2002)
O avó sae de paseo (2002)
O avó é sabio (2002)
Lúas de nácara (2003)
¡Un can no piso! ¿E que? (2003)
Filla das ondas (2003)
Eu son eu (2004)
Un misterio na mochila de Alba (2005)
O meu avó é unha gata (2005)
¿Quen me quere adoptar? (2005)
Isha, nacida do corazón (2006)
¡¡¡Lume!!! (2006)
Un día de caca e vaca (2006)
A lagoa das nenas mudas (2007)
A Pomba e o Degolado (2007)
Gordiño Recheo (2007)
Apertas de vainilla (2007)
Xela volveuse vampira!! (2007)
Un cabalo de lume (2007)
Ola, estúpido monstro peludo! (2007)
O misterio da casa do pombal (2008)
Papá e meu (2009)
Fiz, o coleccionista de medos (2009)
Pesadelo no tren chocolate (2009)
Un saco de estrelas (2010)
¿E ti que farías por min? (2010)
O neno can (2012)
O misterio do Faro Vello (2012)
Dúas letras (2012)
Cuca e o abrigo marrón (2014)
Historia da bicicleta dun home lagarto (2014)
Icía quere cambiar o mundo (2015)
O segredo de Zoe (2016)

Gastronomía

O libro da Empanada (1993)
Festas gastronómicas de Galicia (1994)
Repostería en Galicia (1997)

Guións de curtametraxes
Garuda (2010)
Dúas letras (2011)
Querido Tomás (2013)

Outras publicacións

A rosquilleira (1993)
Recursos teatrais para a expresión dramática na escola (1996)
Cita nos xardins do sur (1997)
Canción de Berce (1997)
Chavo de laranxa (1999)
Matrioskas (2000)
Electrocardiograma plano (2001)
¿Medo, eu? (2002)
Terras de Moraña (2002)
¡Adeus, pés! (2004)
Perigo na Catedral (2004)
O charlatán da feira (2004)
Sangue de gato negro (2005)
Escolma: Eu son eu e Residencial cero (2006)
Vagalumes na noite (2007)
A pequena gardiana (2008)
Bicos de cereixa (2008)
Atrapados no museo (2009)
1 pulga, 5 amigos e un tándem (2009)
A Gata (2009)
Un día te contaré (2010)
A pantasma da xunqueira (2010)
Un vampiro á mesa (2011)
Unha petición especial (2012)
Acordes de violín (2012)
A lura Pilar (2013)
Hoxe sóbrame o corazón (2015)
Bailes perfumados (2015)



Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 23 de setembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Chus Pato como académica numeraria da RAG - Ourense
Sábado 30 de setembro de 2017 / 9:30 h
II Xornada de onomástica galega: Os nomes e apelidos - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar