Chus Pato gaña o Premio Mondoñedo 10 con 'Hordas de escritura'

19/10/17 |
O galardón distingue o libro da académica como o mellor título da poesía galega da década. O xurado destaca a vocación experimental dunha obra que "intenta artellar un discurso de colectividade escapando do suxeito lírico individual"

Doazón de material léxico autógrafo do dicionario de Marcial Valladares

17/10/17 |
María José e Crisanto Sanmartín Martínez entregan á RAG medio cento de pregos que conservou o seu pai, posiblemente parte do material autógrafo que o lexicógrafo levou á imprenta en 1884

A Academia enriquece os seus fondos de Cabanillas co manuscrito da peza teatral 'A man de Santiña'

10/10/17 |
O Conservatorio Nacional de Arte Galega das Irmandades representouna no seu debut na Coruña en 1919. A RAG conserva outras dúas obras dramatúrxicas do escritor: a ópera que escribiu sobre 'A Virxe de Cristal' de Curros e ' O Mariscal'

O Pleno da RAG proclama a vacante polo pasamento de Xohana Torres

9/10/17 |
O Pleno reuniuse o venres 6 de outubro nunha sesión ordinaria na que tamén se deu conta do falecemento do académico correspondente Nicandro Ares. Aprobado o proxecto para unha nova etapa da revista ‘Cadernos de lingua’, que reforza a proxección da publicación a través de Open Journal Systems

Rafael de Castro García doa a súas traducións das 'Sonatas' de Valle-Inclán

6/10/17 |
O profesor verteu ao galego as 'Memorias do marqués de Bradomín', publicadas por primeira vez entre 1902 e 1905. Rafael de Castro traduciu tamén do castelán ao galego obras de Cela e traballa noutra de Torrente Ballester

Contádenos o voso Día das Letras premia os proxectos arredor de Carlos Casares de cinco colexios

5/10/17 |
Os centros gañadores son de Marín, Sarria, Nigrán, Fene e Ribadavia. Cerca de oitenta comunidades educativas participaron na primeira edición desta iniciativa do proxecto Primavera das Letras. O ‘Casares-Tón’, un videoclip a ritmo de ‘regueaton’ para o poema “Amemos” de Casares, entre as iniciativas premiadas

A RAG recibe a visita de Manuel Losa

4/10/17 |
O escritor, unha das personalidades destacadas na difusión da cultura galega en Uruguai, presenta estes días en Galicia o seu último libro, sobre o Camiño de Santiago e Compostela

Freixanes aposta no XIX Simposio Pondaliano por darlle voz á mocidade para abordar o futuro da lingua

4/10/17 |
O presidente da RAG inaugurou os encontros cunha intervención sobre a saúde da lingua e da literatura galegas. Manuel Ferreiro presentou 'Eduardo Pondal. Os cantos eran da Patria (120 poemas)', un novo volume das 'Antoloxías da Academia'

Antonio García Teijeiro gaña o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil con "Poemar o mar"

3/10/17 |
O galardón acadado polo escritor vigués e o sexto nesta categoría para as letras galegas e o segundo que recae sobre un libro de poesía

Unha velada con literatura, música e petiscos en homenaxe a Pardo Bazán

2/10/17 |
A RAG, A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán e Marineda City trouxeron ao século XXI o espírito dos encontros literarios que a autora celebraba no seu fogar co gallo do seu 166 aniversario. De Vacas compuxo para a ocasión unha canción sobre a autora
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar