Murguía é o iniciador da historiografía galega moderna.

1 de 6
A súa longa vida (1833-1923) serve de ponte entre o primeiro galeguismo e o moderno nacionalismo.

2 de 6
So o seu mandato a Academia desenvolveu unha intensa actividade e acadou un gran prestixio social.

3 de 6
Foto de grupo contra 1915.

4 de 6
A "Historia de Galicia" de Murguía doada por Ramón Vilar Ponte. Biblioteca RAG.

5 de 6
En "Los precursores" Murguía analiza a xénese do rexionalismo galego.

6 de 6

Manuel Murguía

Biografía


Naceu no lugar do Froxel, parroquia de Oseiro, pertencente ao concello coruñés de Arteixo, o 17 de maio de 1833 e morreu na cidade da Coruña o 2 de febreiro de 1923. Historiador, investigador e escritor, impulsou o noso Rexurdimento cultural e a creación da Real Academia Galega. Foi, xa que logo, membro fundador desta institución e o seu Presidente.

Seu pai, o farmacéutico Juan Martínez de Castro, atendeu farmacia na rúa Garás número 35 da Coruña e, posteriormente, en Santiago de Compostela, a onde se trasladaron tamén, a súa nai, a guipuscoana Concepción Murguía, e o propio Manuel Antonio Martínez Murguía para establecérense no número 1 do cantón de San Bieito. Nestes momentos, o levantamento civil e militar contra os abusos do goberno central acontecido en abril de 1846 que contaba, como protagonistas, a Solís, Antolín Faralando, Neira de Mosquera ou Romero Ortiz, deixou unha profunda pegada nun Manuel Murguía aínda moi novo que comezaba a tomar conciencia da situación de Galicia. En Compostela cursou, entón, os seus estudos, acadando o bacharel en Filosofía en 1851. Ese mesmo curso académico realizou a preparación para acceder á facultade de Farmacia; carreira que iniciou por desexo paterno, pero que finalmente abandonou para dedicarse ao seu labor como escritor e investigador. En Compostela, rodeado doutros mozos interesados na cultura e tamén marcados polos acontecementos de Carral -Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro- participou do faladoiro que tiña lugar nos baixos do antigo convento de Santo Agostiño, no Liceo de la Juventud, onde todos comezaron a alimentar a vocación literaria e a conciencia progresista que os acompañou sempre.

Co inicio do curso escolar en 1851, trasladouse a Madrid, onde entrou en contacto non só coa sociedade intelectual e política do momento, senón tamén coa prensa local, o que lle permitiu dar comezo á súa vocación de comunicador. Colaborou en xornais e revistas de signo liberal como La Iberia, Las Novedades ou El Correo Universal. Dado o seu éxito, puido publicar, en formato de folletín, numerosas contos e novelas, sendo Desde el cielo a súa primeira novela en ver a luz, no ano 1854. O 1 de xuño dese mesmo ano saíu ao prelo o seu primeiro texto en galego, unhas seguidillas que levan por título "Nena das soidades", publicadas no álbum de Elina Avendaño. Nesta altura, Manuel Murguía era unha das promesas literarias do momento, pero a súa verdadeira vocación obrigoulle a tomar outro camiño: a investigación en humanidades, moi especialmente na historia da nosa nación, elaborando o ideario político do Rexurdimento; albor do nacionalismo galego.

O 10 de outubro de 1858 Rosalía de Castro, que tamén vivía en Madrid naquela altura, e Manuel Murguía casaron para, ao ano seguinte, regresar a Galicia, pero nos futuros dezasete anos a súa vida itinerante levounos a residir de novo en Madrid, en Santiago, na Coruña, en Lestrove, en Vigo, en Lugo, Simancas e Padrón até que, xa viúvo, Murguía se asentou na Coruña. En 1862, fascinado pola lectura de Cuadernos de lectura -libro escolar de éxito asinado polo pedagogo e galeguista vigués que Murguía coñecera en Madrid, Xoaquín Avendaño Bernárdez- publicou La primera luz, unha compilación de lecturas escolares sobre historia e xeografía galegas editado en Vigo por Xoán Compañel, o mesmo que, ao ano seguinte, editou Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. O seu valor didáctico foi tal que o Ministerio de Fomento recomendou o seu uso nas escolas de Galicia. Nesta etapa da súa vida, co seu casamento e regreso a Galicia, Murguía dedicouse plenamente a estudar a historia e a cultura de Galicia, nunha inxente obra que, de maneira pertinaz e lúcida, ilustrou o recoñecemento da nosa cultura. Así, en 1862 publicou o seu inconcluso Diccionario de escritores gallegos e, entre 1865 e 1866, viron a luz os dous primeiros tomos da súa Historia de Galicia, unha obra fundamental na conformación da emerxente ideoloxía nacionalista. Os terceiro e cuarto tomos apareceron en 1888 e 1891, mentres que o incompleto tomo quinto apareceu en 1913.

Na Revolución de setembro de 1868, Murguía formou parte do Comité Progresista de Santiago e foi nomeado secretario da Xunta Revolucionaria da mesma cidade. Ao mesmo tempo, a familia trasladouse a Madrid e o noso biografado ingresou no Corpo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Anticuarios e foi nomeado xefe do Arquivo de Simancas. En 1870 foi nomeado xefe do Arquivo Xeral de Galicia, pero a chegada da Restauración implicou o seu cesamento cinco anos despois. Neses momentos, retomou o xornalismo, dirixindo La Ilustración Gallega y Asturiana entre 1879 e 1881. No ano 1885, cando se produciu o pasamento de Rosalía de Castro, Murguía converteuse en Cronista Xeral do Reino, contrastados os seus coñecementos na historia, cultura e literatura galegas. En 1886, cando a súa autoridade intelectual xa era indiscutible, publicou Los Precursores, que antologa as vidas dos máis importantes expoñentes do Rexionalismo galego, lexitimando, así, a historia do movemento galeguista. Nesta altura, a súa produción intelectual e a súa actividade cultural manifestaban un permanente compromiso con Galicia e coas súas problemáticas. De tal xeito, o primeiro de outubro do mesmo 1886, saíu, en Compostela e baixo a dirección de Murguía, o primeiro número de La Región Gallega, autoproclamado Diario Político Independiente de Intereses Materiales y Morales de Galicia. Dous anos despois, en Barcelona, deu a coñecer Galicia, obra na que se dedicou por extenso á defensa dos fundamentos celtistas da nosa nación.

En maio de 1890, dentro dos Xogos Florais de Barcelona, Murguía pronunciou o discurso "Orígenes y desarrollo del regionalismo en Galicia", que supuxo unha defensa das características propias da nación galega e lle valeu o recoñecemento como Mestre del Gay Saber. Ese mesmo ano, constituíuse en Santiago a primeira organización política independente da historia do galeguismo, a Asociación Rexionalista Galega, da que Murguía foi presidente. A publicación La Patria Gallega, subtitulada Órgano oficial de la Asociación Regionalista, apareceu desde marzo de 1891 e até o 15 de xaneiro de 1892 baixo a dirección, tamén, de Murguía, quen promovía, nestas páxinas, a difusión do mesmo ideario galeguista liberal e progresista que xa viña defendendo. O 24 de xuño de 1891, a Asociación Rexionalista Galega converteuse na primeira organización política de signo decididamente galeguista ao convocar en Tui uns Xogos Florais que se desenvolveron integramente en galego: a nosa lingua estivo presente nos poemas premiados e nos discursos dos organizadores, incluído o do presidente, Manuel Murguía, que realizou unha exaltación da nosa lingua reivindicando o seu uso público.

A finais de 1892, conseguiu o reingreso no corpo de arquiveiros, esta vez na Biblioteca da Universidade de Santiago, aínda que no ano seguinte foi trasladado ao Arquivo da Delegación de Facenda da Coruña, onde permaneceu até o momento da súa xubilación en 1905. No transcurso destes anos, Murguía non abandonou de todo a súa vocación literaria, xa que publicou, en 1895, En prosa, obra de narracións poética e mais unha narración breve. Pero, sobre todo, nestes anos aconteceu o distanciamento entre dúas frontes dentro do movemento galeguista: por unha banda, a corrente liberal de Murguía e os seus discípulos na Coruña; pola outra, a corrente tradicionalista liderada por Alfredo Brañas, en Santiago. Así, en 1897 fundouse a Liga Gallega da Coruña, unha iniciativa que contaba con Murguía coma presidente e que aglutinaba as personalidades máis relevantes no ámbito da cultura: Salvador Golpe Varela, Uxío Carré Aldao e Manuel Lugrís Freire. Pola súa banda, Alfredo Brañas e Salvador Cabeza de León, responderon constituíndo a Liga de Santiago, salientable pola súa inactividade e devoción ao carlismo.

O grupo rexionalista da Coruña reuníase na libraría de Carré Aldao compoñendo unha faladoiro que pasou á historia co nome de Cova Céltica. Murguía, Carré Aldao, Eduardo Pondal, Martínez Salazar, Pérez Ballesteros, Salvador Golpe, Tettamancy, Martelo Paumán, Florencio Vaamonde, Galo Salinas, Eladio Rodríguez González, Lugrís Freire ou Banet Fontenla, entre outros, discutían do celtismo, da historia e da lingua de Galicia, pero tamén da súa situación económica, debatendo sobre posibles melloras. É neste contexto cando xorde a necesidade dunha corporación eficaz que coordinase e promovese o labor que se viña facendo en prol da lingua e da cultura de Galicia. De xeito decisivo, Fontenla e Curros Enríquez constituíron en 1905, na Habana, a Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega, baixo a presidencia de Curros, coa fin de acadar apoios económicos que permitisen a fundación da futura corporación. A Academia Galega fundouse o 4 de setembro de 1905, na Coruña, sendo Manuel Murguía o seu Presidente; Uxío Carré Aldao, o seu Secretario e Xosé Pérez Ballesteros, o seu Tesoureiro. O 30 de setembro, no salón da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos, tivo lugar a inauguración solemne da Academia. Murguía deixou claro no seu discurso o obxectivo principal da Academia: a atención á lingua galega.

No ano 1907, xa con 74 anos, Manuel Murguía adheriuse á organización agrarista Solidaridad Gallega, amosando, máis unha vez, a súa vontade de transformar a realidade opresora que vivían a maioría dos galegos. Participou, asemade, en diversos actos de homenaxe a Curros, Rosalía, Pondal ou Fontela Leal. El mesmo recibiu, o 17 de maio de 1913, con ocasión do seu aniversario, unha grande homenaxe na Coruña. Murguía, arquitecto total da construción nacional galega, continuou traballando ata o momento da súa morte, o 1 de febreiro de 1923, probablemente satisfeito de ver nas Irmandades da Fala a representación viva do seu proxecto para Galicia.

Xosé Ramón Barreiro sobre Manuel Murguía.

Obra


A inxente obra de Murguía ocúpase do ensaio, en forma de libros ou artigos; da produción literaria, en novela e poesía; ou tamén da crítica. Dado o seu volume inxente e, ao mesmo tempo, a importancia do seu traballo, referenciamos a totalidade das súas publicacións exentas e mais dos artigos que viron a luz no Boletín da Real Academia Galega, por ser fundamental o labor de Murguía no seo da Corporación. Para o resto da súa obra, escolmamos parte daquela máis significativa.

Ensaio

- La primera luz: libro de lectura para uso de las escuelas de primeras letras de Galicia. Vigo: Juan Compañel, 1860.
- Diccionario de escritores gallegos. Vigo: Juan Compañel, 1862.
- Historia de Galicia. T. I, Lugo: Soto Freire, 1865; T. II, Lugo: Soto Freire, 1866; T. III, A Coruña: Libr. de A. Martínez Salazar, 1888; Tomo IV, A Coruña: Libr. de E. Carré Aldao, 1891; T.V, A Coruña, 1913.
- Memoria relativa al Archivo Regional de Galicia. A Coruña, 1871.
- Biografía del P. M. Fr. Benito Gerónimo Feijóo. Santiago: Est. Tip. de El Diario, 1876.
- El foro. Madrid: Libr. de Bailly Bailliere, 1882.
- El arte en Santiago durante el siglo XVIII y noticia de los artistas que florecieron en dicha ciudad y centuria. Madrid: Est. Tip. de Fernando Fé, 1884.
- Los Precursores. A Coruña: Latorre y Martínez Editores: Biblioteca Gallega, 1886.
- Galicia. Barcelona: Daniel Cortezo, 1888.
- El regionalismo gallego. La Habana: Imp. La Universal, 1889.
- En prosa. A Coruña: Imp. Uxío Carré, 1895.
- Don Diego Gelmírez. A Coruña: Imp. Uxío Carré, 1898.
- Breves consideraciones acerca de los Cancioneros Galecio-Portugueses de la Vaticana y Colocci-Brancuti, y trovadores gallegos que en ellos figuran: conferencia dada en la Academia de Bellas Artes de La Coruña, el 22 de Enero de 1905. España: s.n., 1905.
- Los trovadores gallegos. A Coruña: Imp. de Ferrer, 1905.
- Apuntes históricos de la provincia de Pontevedra. Mondariz: Imp. del Establecimiento, 1907.
- Apuntes históricos de la provincia de Pontevedra, folletín de La Temporada. Mondariz: Imp. del Establecimiento, 1913.
- Politica y sociedad en Galicia. Madrid: Akal, Arealonga, 8, 1974, ed. de X. Alonso Montero.

Novela

- Desde el cielo. Madrid: La Iberia, 1854; Vigo.
- La Virgen de la Servilleta. Madrid, 1852.
- El regalo de boda. Madrid: La Iberia, 1855.
- Mi madre Antonia. Vigo: La Oliva, 1856.
- El ángel de la muerte. Madrid: La Crónica, 1857.
- Don Diego Gelmírez. A Coruña: Imp. U. Carré, 1898.
- La mujer de fuego. Madrid: Imp. de Las Novedades, 1859.

Poesía

- "Nena d'as soledades", La Oliva, 27 febreiro 1856.
- "Madrigal", en La Oliva, 8 marzo 1856.
- "La flor y el aire", La Oliva, 19 marzo 1856.
- "A una paloma", La Oliva, 3 maio 1856.
- "A las ruínas del Castillo de Altamira", La Oliva, 31 maio 1856.
- "En un Álbum", en La Oliva, 31 maio 1856.
- "Al partir", Galicia. Revista universal de este reino, ano 3. n.º 3, 1 de febreiro 1862.
- "Sueños dorados", en Álbum de El Miño. Vigo: Compañel, 1858.
- "Madrigal", "Nena d'as soledades" e "Gloria", en El Álbum de la Caridad. A Coruña, 1862.
- "Cantos de cuna", Suevia, n.º 1, xaneiro 1913.
- "Bandera!", Labor gallega, ano 2, n.º 5, 10 xullo 1915.

Relatos

- "Un can-can de Musard". Madrid, 1852.
- "Un artista". Madrid, 1853. Co título de "Ignotus", en Los Precursores. A Coruña, 1886.
- "Luisa". Madrid, 1855; A Coruña, 1862.

Artigos publicados no Boletín da Real Academia Galega

"De la formación de algunos apellidos gallegos, de mujer, en los siglos XVI y XVII", t. 1, n.º 1, 1906, pp. 14-15.
"Francisco Sánchez 'El excéptico'", t. 1, n.º 2, 1906, pp. 30-32.
"Real Academia de Agricultura establecida en la Coruña en 1765", t. 1, n.º 2, 1906, pp. 42-44; n.º 3, 1906, pp. 63-66.
"Discurso leído en la sesión inaugural de la Academia", t.1, n. 6-7, 1906, pp. 125-129.
"Identidad de los antiguos pobladores de las Islas Británicas y Galicia", t. 1, n.º 8, 1906, pp. 176-178.
"Inoculación y vacuna en Galicia", t. 1, n.º 8, 1906, pp. 178-180.
"Antigüedad del nombre Coruña", t. 1, n.º 8, 1906, pp. 180-184.
"De los primeros documentos en gallego", t. 1, n.º 9, 1907, pp. 193-196.
"Descripción de la ciudad de La Coruña en los primeros años del siglo XVII", t. 1, n.º 10, 1907, pp. 219-221.
"La isla de Cortegada", t. 2, n.º 14, 1907, pp. 30-35.
"Discurso-Contestación por el Sr. D. Manuel Murguía (a Parga Sanjurjo)", t.2, n.º 16 -17, 1907, pp. 96-110.
"En memoria del primer presidente de la Asociación Iniciadora y Protectora de la Real Academia Gallega", t. 2, n.º 19, 1908, pp. 137-138.
"Fiestas populares", t. 2, n.º 19, 1908, p. 144.
"Aurelio Aguirre", t. 2, n.º 20, 1908, pp. 144-146.
"Retratos de D. Fernando Casas Nóvoa (Arquitecto) y D. Miguel Romay (Retablista", t. 2, n.º 20, 1908, pp. 161-163.
"¿Cuándo se generalizó el cultivo del maíz en Galicia?", t. 2, n.º 22, 1909, pp. 210-215.
"Lista de los Capitanes Generales de Galicia desde que se creó el cargo hasta nuestros días", t. 3, n. 29, 1909, pp. 106-112; n.º 30, 1909, pp. 126-132.
"Sentencia dictada por Fernán Pérez en pleito entre el abad...", t. 3, n.º 30, 1909, p. 134.
"D. José Ojea", t. 3, n.º 31, 1909, pp. 166-167.
"De Folk-lore. Dama Gelda", t. 3, n.º 38, 1910, pp. 37-40.
"Dama Gelda", t. 3, n.º 38, 1910, pp. 37-40.
"D. José Villaamil y Castro", t. 3, n.º 38, 1910, pp. 41-42.
"Mensaje de la Academia leído en la velada que organizada por la Asociación Iniciadora y Protectora de la misma, se celebró en la Habana el 15 de Septiembre de 1910 en honor de Curros Enríquez y á beneficio de la Academia", t. 3, n.º 41, 1910, pp. 118-121.
"D. Ramón Pérez Costales", t. 3, n.º 43, 1911, pp. 170-172.
"Que se fuese...,", t. 4, n.º 45, 46, 47, 1911, pp. 209-212, 233-237 e 257-260.
"Necrología", t. 4, n.º 47, 1911, pp. 277-278.
"D. Ramón Bernárdez", t. 4, n.º 48, 1911, pp. 301-303.
"Nicomedes Pastor Díaz", t. 5, n.º 50, 1911, pp. 25-27.
"Anécdotas referentes á Nicomedes Pastor Díaz", t. 5, n.º 50, 1911, pp. 49-50.
"Representación de la Nobleza de Galicia al Rey Carlos II y á su madre la Reina Regente", t. 5, n.º 49, 1911, pp. 1-5; t. 5, n.º 51-52, 1911, pp. 53-57; t.5, n.º 53, 1911, pp. 105-110.
"Discurso leído en la velada literaria celebrada en Vivero el 15 de Septiembre de 1911 con motivo del centenario del nacimiento de D. Nicomedes Pastor Díaz", t. 5, n.º 51-52, 1911, pp. 99-103.
"D. Juan Fernández Latorre", t.5, n.º 59, 1912, pp. 262-263.
"Constituciones de la Cofradía de Santa Tecla de la villa de la Guardia", t. 6, n.º 63, 64, 65, 1912, pp. 57-61, 89-94 e 113-119.
"El torques de Centroña", t. 6, n.º 66, 1912, pp. 137-139.
"Un episcopologio compostelano del siglo XVI", t. 6, n.º 68, 69 e 70, 1913, pp. 185-188, 209-212 e 237-241.
"D. Adriano Pérez Morillo", t. 6, n.º 70, 1913, pp. 234-235.
"Prudencio Canitrot", t. 6, n.º 70, 1913, pp. 235-236.
"En honor de Curros Enríquez. Discurso leído en la velada celebrada en la Coruña el 9 de marzo de 1913 en honor al insigne poeta", t. 6, n.º 71, 1913, pp. 263-265.
"Discursos leídos en el banquete y velada celebrados en la Coruña, en su honor, los días 17 y 18 de Mayo de 1913 con motivo del 80º aniversario de su nacimiento", t. 7, n.º 73, 1913, pp. 27-29.
"La gratitud de Murguía", t. 7, n.º 73, 1913, p. 47.
"Discurso leído en la velada celebrada en la Coruña el 8 de marzo 1914 con motivo del 6º aniversario del fallecimiento de Curros Enríquez", t.7, n.º 82, 1914, pp. 271-272.
"Minuta de una provisión de Felipe II sobre la plantación de árboles en Galicia", t. 7, n.º 84, 1914, pp. 297-300.
"Ordenanzas que mandó hacer Felipe II para la conservación de los montes de Galicia", t. 7, n.º 84, 1914, pp. 300-302.
"Victor Said Armesto", t.8, n.º 86, 1914, pp. 17-19.
"De Folk-lore. O Canouro", t.8, n.º 86, 1914, pp. 29-30.
"Sobre la repoblación de los montes de Galicia. Carta del regente y alcaldes mayores de Galicia a S. M. sobre lo de las Ordenanzas. Año 1574", t. 8, n.º 88, 1914, pp. 57-61.
"Discurso leído en la velada celebrada en la Coruña el 7 de marzo de 1915 en honor de Curros Enríquez", t.8, n.º 92, 1915, p. 184.
"Peñasco con insculturas en Mondariz", t. 8, n.º 95, 1915, pp. 257.261.
"Juan de Orleáns", t.8, n.º 96, 1915, pp. 281-282.
"De la expedición española al Báltico en 1807", t. 9, n.º 97, 1915, pp. 7-10.
"De folk-lore. Nuestro folk-lore", t. 9, n.º 99, 1915, pp. 65-67.
"Don José Salgado", t.9, n.º 108, 1916, pp. 294-295.
"Discurso leído en el acto de la celebración de la fiesta de la Poesía Gallega", t. 10, n.º 110, 1916, pp. 29-30.
"Don José Cornide y sus versos en gallego", t. 10, n.º 114, 1917, pp. 162-169; t. 10, n.º 115, 1917, pp. 179-182.
"José Castro Chané", t.10, n.º 115, 1917, p. 178.
"Don Eduardo Pondal", t. 10, n.º 116, 1917, pp. 201-210.
"Manuel Núñez González", t. 10, n.º 116, 1917, p. 211.
"Discurso en honor de Curros Enríquez, con motivo de los homenajes celebrados en conmemoración del IX aniversario del fallecimiento del poeta", t. 10, n.º 116, 1917, pp. 212-213.
"Don Eladio Oviedo y Arce", t.11, n.º 124, 1918, pp. 89-90.
"Don Ángel Barros Freire", t. 11, n.º 128, 1919, p. 204.
"Excmo Sr. D. Antolín López Peláez, Arzobispo de Tarragona", t. 11, n.º 129 , 1919, pp. 233-234.
"Un episodio de nuestra Guerra de la Independencia", t. 11, n.º 132, 1919, pp. 326-329.
"Eduardo Pondal e a sua obra", t. 211, n.º 248, 1933, pp. 184-192.

Outros artigos

"De las guerras de Galicia en el siglo XV y de su verdadero carácter", Galicia. Revista universal de este reino. Ano II, n.º 9, A Coruña, 1 febreiro 1861.
"Crítica literaria: Espiñas, follas e frores", Ilustración de Galicia y Asturias, ano 1, n.º 6, 15 setembro 1878.
"D. Saturnino Álvarez Bugallal: apuntes biográficos", La Ilustración gallega y asturiana: revista decenal ilustrada. T. 1, n.º 2, xaneiro 1879; t. 1, n.º 4, febreiro 1879; t. 1, n.º 5, febreiro 1879; t. 1, n.º 6, febreiro 1879.
"De actualidad", La Ilustración gallega y asturiana: revista decenal ilustrada. T. 1, n.º 7, marzo 1879.
"¿Desaparecerán los dialectos?", La Ilustración gallega y asturiana: revista decenal ilustrada. T. 1, n.º 21, xullo 1879.
"Camoens y sus rimas", La Ilustración gallega y Asturiana: revista decenal ilustrada, t. 2, n.º 16, xuño 1880; t. 2, n.º 22, agosto 1880; t. 2, n.º 31, nov. 1880.
"El Castillo de San Antón", Ilustración cantábrica, t. 4, n.º 24, 28 agosto 1882.
"Armas y bandera de Galicia", Galicia, ano 1, n.º 1, xaneiro 1887.
"Comunicación del Sr. Murguía al Centro Gallego de La Habana", Patria gallega, ano 1, n.º 1, 30 marzo 1891.
"El Centro Gallego de La Habana", Patria Gallega, ano 1, n.º 2, 15 abril 1891.
"Banquete Regionalista, celebrado en la ciudad de Tuy el 26 de Junio de 1891", Patria Gallega, ano 1, n.º 9, 30 xullo 1891.
"Donde estábamos, estamos", Patria gallega, ano 2, n.º 1, 1 xaneiro 1892.
"Compostela monumental, el Arte en Santiago durante el siglo XVIII", Gran Patria, ano 2, n.º 10, 8 febreiro 1902.
"Diccionario de la lengua gallega, necesidad de su formación y publicación", Galicia, ano 4, n.º 14, 2 abril 1905.
"De los regocijos públicos con que se celebraba en Santiago la recepción de sus prelados", Suevia, ano 2, n.º 30, 15 setembro 1912.
"Al mariscal Pardo de Cela, defensor de las libertades de Galicia", Eco de Galicia, ano 4, n.º 117, 18 abril 1920.
"O Derradeiro consello do precursor", Eco de Galicia, ano 5, n.º 139, 13 marzo 1921.