O ciclo sobre as Irmandades da Fala aborda en xullo as súas achegas á oratoria, á prosa non ficcional e á prensa

29/06/16 |
A Real Academia Galega celebra os vindeiros 7 e 19 de xullo dúas mesas redondas do ciclo organizado co gallo do centenario das Irmandades. As sesións, abertas ao público, celebraranse no Museo do Pobo Galego

O Portal das Palabras comparte a súa experiencia no encontro de Hitzargiak

27/06/16 |
O académico Henrique Monteagudo presentou a iniciativa da RAG e a Fundación Barrié no encontro celebrado en Hernani, no que se expuxeron distintas experiencias para revitalizar as linguas. A cita xuntou representantes de máis de oitenta idiomas

Anne Marie Morris, a norteamericana que escolleu o galego para se facer poeta

23/06/16 |
Nada en Illinois en 1916, publicou nos anos 60, na colección Salnés, 'Voz fuxitiva', unha obra na que é ben clara a pegada de Rosalía de Castro. Morris só recibira algunhas clases particulares de Xosé Rubia Barcia na Universidade de California e non pisou Galicia ata 1993

“A revista 'Estudios Gallegos' é a primeira das formulacións máis modernas do galeguismo”

17/06/16 |
O historiador e académico Xosé Ramón Barreiro inaugurou o ciclo dedicado ás Irmandades da Fala cun relatorio no que profundou no pensamento difundido pola publicación, nada en Madrid un ano antes de se constituír o movemento

O ‘Cancioneiriño’ de Arcadio López-Casanova

17/06/16 |
O académico de honra escribiu nos anos 70 unha serie de poemas para o público infantil que ficaron esquecidos entre papeis vellos. A obra sae do prelo décadas despois coa mirada dos ollos do neno que foi

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié presentan as novidades do Portal das Palabras

16/06/16 |
O proxecto estrea no seu terceiro aniversario un 'bot' para Facebook do Dicionario da RAG, unha versión dos xogos para dispositivos móbiles e novas seccións. As entidades do noso territorio lingüístico poderán facer adaptacións do portal que tecerán unha rede de webs asociadas

A RAG inicia un ciclo sobre as Irmandades da Fala cunha conferencia de Xosé Ramón Barreiro

15/06/16 |
O historiador e académico falará este xoves na rúa Tabernas, ás 20 horas, do marco histórico do movemento. A institución celebrará ao longo do ano en oito localidades mesas de debate sobre as producións literaria, xornalística e editorial das Irmandades e sobre os seus protagonistas

"Coido que, literalmente, Manuel María conseguiu quedar na paisaxe, ser un con ela"

13/06/16 |
O autor distinguido co Día das Letras Galegas de 2016 non só foi "un mestre da literatura", tamén foi "un catedrático de amor á terra e de coñecemento do noso país". Dío a escritora Marica Campo neste "Cuestionario Manuel María", no que recorda ademais a amizade que os uniu

O Arquivo amplía a campaña de dixitalización de documentos de particulares

10/06/16 |
Un libro de 1901 de homenaxe a Francisco Tettamancy, membro fundador da Academia, carnés, fotografías, tarxetas postais e recordatorios antigos son parte das achegas realizadas polos participantes na iniciativa organizada co gallo do Día dos Arquivos

Sobre a designación da personalidade literaria do Día das Letras Galegas

9/06/16 | A Academia manifesta a súa gratitude aos colectivos e institucións que divulgan o nome e os méritos de figuras literarias. As propostas para a elección da personalidade a quen se dedique o Día das Letras Galegas deben estar asinadas por tres membros do Pleno da RAG
Axenda de actos Ver todos
Venres 1 de xullo de 2016 / 12:30 h
Inauguración dos XXIX Cursos de verán de lingua e cultura galegas
Mércores 6 de xullo de 2016 / 19:30 h
Inauguración da exposición Saúde e Terra, irmá(n)s! en Santiago
Xoves 7 de xullo de 2016 / 19:30 h
Mesa redonda: Oratoria e prosa non ficcional no tempo das Irmandades
Martes 19 de xullo de 2016 / 19:30 h
Mesa redonda: As Irmandades da Fala e a prensa

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 375

Boletín da Real Academia Galega
nº 375

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar